Wednesday 30 March 2016

PROBAS CERTIFICACIÓN 2016

Exam time is coming soon!!!! Xa está publicada na páxina web da EOI toda a información relativa ao calendario e desenvolvemento das probas de certificación de nivel básico, intermedio, avanzado e C1 que terán lugar na escola durante os meses de xuño e setembro. 

Terán que realizar as probas de nivel INTERMEDIO todolos meus alumnos.....!! É dicir, os meus alumnos CALC - que se teñen que matricular ANTES DO 14 DE ABRIL - e os alumnos do curso intermedio intensivo. Para todos eles, ahí van unhas cantas recomendacións!! Incluíndo algún que outro consello sobre como afrontar unha proba destas características:



  • Consultade o calendario de xuño e setembro para as probas escritas (comprensión escrita, comprensión oral, expresión escrita), único para todas as EOI de Galicia.
  • calendario para as probas de expresión oral será fixado pola Escola, podendo ter lugar antes ou despois das probas escritas. O calendario xeral definitivo das probas orais será publicado, alén de nos taboleiros da Escola, na mesma páxina web da EOI, na categoría do departamento correspondente.

Por último, é altamente recomendable que consultedes tamén a guía do candidato de nivel Intermedio e os modelos de exames de anos anteriores que proporciona a Xunta de Galicia. 

Good luck everybody....!! and as I know that both my CALC and intensive intermediate level students are really worried about these exams, I have just prepared a document with links to different language schools in Spain and mock exams to practise. Just copy the links on your navigation bar and enjoy!! 

... And don´t forget that "Practice makes perfect"!!

No comments:

Post a Comment