Friday 26 June 2020

PROBAS CERTIFICACIÓN 2020

 EXAM TIME WILL HOPEFULLY BE IN SEPTEMBER!

Xa está publicada na páxina web da EOI toda a información relativa ao calendario e desenvolvemento das probas de certificación de nivel básico, intermedio e avanzado que previsiblemente terán lugar na escola durante os meses de setembro e outubro:
  • En breve será publicado o calendario das probas, único para todas as EOI de Galicia.
  • As quendas definitivas das probas orais serán publicadas, alén de nos taboleiros da Escola, na mesma páxina web da EOI, na categoría do departamento correspondente.

É altamente recomendable que consultedes tamén a guía informativa e as espec de nivel C1 e os modelos de exames que diferentes comunidades autónomas teñen publicado nas súas webs. Botade unha ollada ao mapa, clicade no destino, escollede nivel e idioma e practicade arreo! Podedes traballar con modelos de probas de produción, coprodución e mediación oral, comprensión oral, produción, coprodución e mediación escrita... poderedes traballar sen límites!

Good luck everybody....!! and as I know that my C1 level students are really worried about these exams... don´t forget that "Practice makes perfect"!!


No comments:

Post a Comment