Would you like to join the school? Are you interested in learning a new language?? Hurry up!! There is still a place for you at the school. Read the information below and find your date to apply!!
A partir do día 05 de outubro van ofertarse as últimas prazas dispoñibles nas diferentes linguas da Escola, na seguinte orde:
• Día 5 de outubro. Ofértanse as prazas dispoñibles ao alumnado do curso 2015-2016 que aínda non formalizou a matrícula, e ás persoas que realizaron preinscrición e non obtiveron praza no grupo desexado. As persoas que realizaron preinscrición deben presentar o xustificante correspondente.
• Día 6 de outubro. Ofértanse as prazas dispoñibles ás persoas que queiran estudar alemán, francés, galego, italiano, ou portugués.
• Día 7 de outubro. Ofértanse as prazas dispoñibles ás persoas que queiran estudar inglés.
• Días 8 a 15 de outubro, ambos incluídos. Seguiranse ofertando as prazas dispoñibles a todas as persoas que queiran estudar na Escola de Idiomas de Pontevedra que non viñeran os días anteriores.
Para solicitar praza(s), débese recoller na conserxaría a(s) tarxeta(s) do(s) idioma(s) correspondente(s), xuntamente coa documentación necesaria. A continuación, e nun prazo máximo de 48 h., efectúase o pagamento das taxas no banco e entrégase tarxeta(s) do(s) idioma(s) mais documentación debidamente cuberta e xustificante do pagamento das taxas na secretaría da Escola.
Horario da conserxaría: 08.30h a 21.30h.
Horario da secretaría: 09.00h a 14.00h.
NOTA IMPORTANTE: Para o grupo de 2º de nivel avanzado de francés xa non quedan prazas.