Ola de novo!!
Desta volta volta estou encantada de presentarvos unha nova aventura. Para a semana arranco unha travesía da man do proxecto Erasmus+ K104 " Escolas que usan a aprendizaxe mixta para dialogar sobre pedagoxías interrelacionadas" que agrupa a maioría das EOIs galegas. Para amosar a miña experiencia, veño de engadir unha nova lapela ao blog. Non vola perdades: ENSINO MIXTO EN EOI! Será unha fiestra aberta ao traballo feito no curso "Blended Learning and Online Delivery in Language Education", impartido a distancia do 14 ao 18 de decembro de 2020 por Russel Stannard, experto en aprendizaxe a distancia e fundador de teacher training videos.
Esta nova categoría do blog estará chea de reflexións, inquedanzas e propostas de actividades que irei compartindo durante a semana do curso para que a experiencia vaia máis aló das sesións de traballo diarias. Agardo que os contidos compartidos sexan útiles para toda a comunidade #EOIsta que disfruta ensinando linguas.
Agora si... por fin! Demos comezo a aventura!
No comments:
Post a Comment