O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EOI de Pontevedra, en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, convoca o XI Certame de Microrrelato en Galego “EOI de Pontevedra”.
DATA: XOVES 15 de abril ás 19:30h (duración: 2 horas)
LUGAR: salón de actos da EOI de Pontevedra e, simultaneamente, nas sección do Valle Inclán, A Estrada e Lalín.
RELATOS: as persoas participantes deberán crear un texto literario de 150 palabras como máximo “in situ”, durante 2 h, a partir da “inspiración” que lles suxiran 3 palabras escollidas polos escritores colaboradores no certame.
PARTICIPANTES: Poderán participar no concurso todas as persoas que o desexen (sexan ou non alumnado da EOI de Pontevedra).
Non dubides en participar e moita sorte! Pon á proba as túas habilidades literarias! Mais de 450€ en premios!
No comments:
Post a Comment