Welcome to HAVE FUN WITH ENGLISH

I would like to welcome all students at the EOI Pontevedra to a blog where they will find a lot of information about the school together with a wide range of activities to practise and improve their English. I´m sure most of them will find the activities in the blog both amusing and enjoyable! Hope you learn a lot... and please, let me know if there is anything you want me to include!!

Thursday, 7 January 2016

A BIBLIOTECA DA EOI: UNHA BIBLIOTECA SOLIDARIA

http://www.uruguayeduca.edu.uy/repositorio/prolee/img/logo-biblioteca-solidaria.jpg

De acordo co programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, a bibliotecas escolares deben ser un espazo de convivencia e exercicio de cidadanía solidaria ademáis dun punto de acceso aos recursos culturais.



Por conseguinte, a Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra convídavos a formar parte do grupo de colaboradores que de forma voluntaria participen na xestión e organización da biblioteca, así como en actividades de extensión cultural ou formación de usuarios, favorecendo a formación de actitudes de colaboración e de solidariedade entre o alumnado no ámbito cultural.

 

Queres participar? Cubre a solicitude de alumnado colaborador da biblioteca na conserxaría da Escola e entrégaa antes do 18 de xaneiro.



 COMPROMISOS DA BIBLIOTECA
  • Establecer un calendario de tarefas e supervisar o traballo dos voluntarios.
  • Facilitar unha formación básica ao alumnado colaborador.
  • Outorgar unha certificación de recoñecemento do traballo realizado (mínimo 15 horas durante o curso 2015/16).
  • Achegar a cada voluntario unha acreditación que o identifique como tal.

 COMPROMISOS DOS VOLUNTARIOS
  • Realizar as actividades de colaboración acordadas co Equipo da Biblioteca.
  • Participar nas actividades formativas.
  • Actuar de forma responsable, eficaz e solidaria.
  • Respectar os dereitos das persoas integrantes da comunidade escolar.
  • Coidar e facer bo uso dos materiais e recursos da biblioteca.

 CRITERIOS DE SELECCIÓN

  • Compromiso solidario e interese nas bibliotecas escolares.
  • Referencias positivas por parte dos profesores da Escola.
  • Certa flexibilidade horaria para traballar co Equipo da Biblioteca. 
A biblioteca da escola é de todos nós. Axúdanos a coidala!!

No comments:

Post a Comment