Onda Cero Pontevedra, en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística do Concello, está a preparar unhas emisións especiais para celebrar o Día das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio. Se vos animades a participar, teredes que ler algún texto seleccionado dos distintos autores homenaxeados este ano.
Tes un autor favorito? Dalle ao "Me gusta" no Facebook da EOI ou apúntate en Conserxería antes do 29 de abril e poderás escoitarte nas ondas!! Quen sabe, se cadra eres o seguinte Matías Prats da Escola!!
No comments:
Post a Comment